Douscentos vinte camiñantes participaron na andaina «Ponte en ruta con nós»

naron-andaina-27A andaina programada este domingo entre Covas e Cabo Prior (Ferrol), no marco da segunda edición do programa municipal «Ponte en ruta con nós», de Narón,  congregou a un total de douscentos vinte camiñantes.

Os asistentes reuníronse minutos antes das 9.30 horas nas inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara, donde un autobús os levou ata Covas para iniciar un percorrido a pé ata o Cabo Prior e de regreso a Covas, duns catorce quilómetros. Rematado o traxecto os participantes partiron novamente en bus ata o pavillón da Gándara, en Narón.

Os camiñantes tiveron a oportunidade de gozar durante a andaina, dunhas tres horas, das excelentes paisaxes da comarca, realizando un traxecto dunha dificultade media, tal e como indicou a organización. Persoal de Protección Civil de Narón e sanitario acompañou aos participantes, colaborando neste evento.

A vindeira andaina

A vindeira andaina programada no marco deste programa –deseñado polo Padroado de Deportes de Narón e a empresa Arasti Barca- terá lugar o vindeiro 29 de xaneiro. O percorrido a realizar será pola zona do Castelo da Palma, en Mugardos, e tamén duns catorce quilómetros. As persoas interesadas en participar deberán anotarse no polideportivo da Gándara, de luns a xoves de 10.00 a 13.00 e de 16.30 a 18.30, ou os venres de 9.00 a 13.00 horas, dispoñendo de prazo para facelo ata o mércores anterior á data de saída. O prezo da inscrición é de tres euros, cantidade destinada aos desprazamentos en autobús desde o pavillón da Gándara ata o punto de partida da ruta e tamén a viaxe de regreso ás citadas instalacións deportivas naronesas unha vez rematada a camiñata.

O programa municipal «Ponte en ruta con nós”»ten entre os seus obxectivos promover o exercicio físico entre persoas de diferentes idades, erradicando o sedentarismo e dando a coñecer o entorno natural e patrimonial de Narón e da comarca.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …