A deputación apoia o Camiño inglés…..desde A Coruña. Celebrado o I encontro internacional

diputacion-camino-inglesA Deputación da Coruña, representada polo deputado de Economía e Facenda e concelleiro de Oroso, Antonio Leira, participou este luns no I Encontro Internacional do Camiño Inglés xunto co concelleiro coruñés Alberto Lema, o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, o presidente da Asociación Holandesa de Amigos do Camiño, Joost Bol, e a xerente de Turismo da Coruña, Lanzada Calatayud, que foron recibidos polo alcalde da cidade, Xulio Ferreiro.

Todos as autoridades recalcaron a posta en valor do Camiño Inglés a través do Fam Trip, unha viaxe de familiarización que representantes de entidades promotoras do Camiño en 14 países, entre eles Canadá, Estados Unidos, Reino Unido, Xapón, Sudáfrica, Australia, Holanda, Hungría, Irlanda Noruega, Brasil e Bélxica realizarán esta semana para coñecer de primeira man o proxecto do Camiño Inglés. Os participantes percorrán a pé, dende o 29 de novembro ata o 2 de decembro, a distancia que separa a Praza de María Pita na Coruña e a Praza do Obradoiro de Santiago, realizando na capital diferentes actividades culturais e turísticas.

Durante o seu discurso, o deputado provincial Antonio Leira, destacou a importancia de todas as iniciativas relacionadas coa promoción das rutas xacobeas como “un estímulo económico e cultural” para a provincia. “A Deputación tende a man a todas as administracións para promocionar e difundir conxuntamente o Camiño Inglés, como un itinerario xacobeo singular,o único que discorre íntegramente pola provincia da Coruña”, sinalou o deputado.

Leira tamén puxo en valor o importante atractivo turístico e económico que supón este itinerario ao seu paso polos municipios que atravesa, dende a súa orixe na Coruña ou en Ferrol. Finalmente felicitou aos organizadores deste encontro, que congrega a asociacións internacionais. “Agardo sexa un punto de partida para afondar nas relacións entre a Deputación e o resto de administracións co obxectivo de aproveitar o enorme potencial do Camiño Inglés”, destacou Leira.

As asociacións participantes coñecerán de primeira man o itinerario, compartirán experiencias e os seus membros poderán propoñer ideas sobre cómo desenvolver unha promoción sustentable do camiño sen perder a súa esencia. Os peregríns internacionais contan cunha alta capacidade de influencia ao ser membros de entidades que promocionan nos seus respectivos países as peregrinaxes e o Camiño Xacobeo, polo que supoñen un importante segmento de captación.

Ao remate do acto, Antonio Leira fixo entrega aos representantes das entidades de diversos exemplares do libro “O Camiño Inglés”, editado pola Deputación en galego, castelán e inglés.

Lea también

Este martes se incorporó el personal laboral contraincendios de la Xunta. Trabajará durante 7 meses

Este martes, día 16. inició su despliegue, por un período de 7 meses, el personal …

Un comentario

  1. Luis María Taboada

    Mi felicitación a los coruñeses, que saben hacer bien las cosas. Espero que los ferrolanos tomemos nota y nos movamos para que el Camino de Santiago se llene de gente.