O BNG de Ferrol defendiu na Comisión as súas propostas para o novo PXOM

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, que foi a única organización política da corporación municipal que presentou aportacións no trámite de exposición pública para elaborar o documento da avaliación ambiental estratéxica ordinaria do novo PXOM de Ferrol, defendeu esta mañá na comisión informativa as súas aportacións ao citado documento e que se centran en melorar diversos aspectos deste plan.

Así o asegurou o portavoz nacionalista, Iván Rivas, quen detallou que este documento debería recoller e definir os seguintes aspectos:

A relación con outros concellos

«O desenvolvemento do PXOM da cidade de Ferrol debería vir acompañado cando menos de criterios comúns xa discutidos previamente cos concellos limítrofes que determinan o planeamento municipal. A relación co concello limitrofe de Narón é tan obvia que no documento presentado condiciónase o desenvolvemento urbano da cidade de Ferrol ás decisións adoptadas por este concello non só a nivel de planeamento senón tamén desde unha perspectiva económica e comercial e a índa así non existe ningún obxectivo produto de encontros con este concello que se incluíse neste documento. En resumo, consideramos que acompañando ao anteproxecto de PXOM debería achegarse un documento que recolla os obxectivos establecidos en común polos concellos afectados», asegurou Rivas.

O crecemento cero

«Consideramos negativo que se continúe a asumir o mesmo modelo de desenvolvemento urbano establecido até o momento baseado no “desarrollismo”. As medidas a tomar deben ir acompañadas por unha política baseada na recuperación das vivendas existentes como prioridade pública e a supresión do solo urbanizable dentro do ámbito municipal nun horizonte curto de tempo como é a vixencia do PXOM que se lle supón en dezaseis anos».

O transporte Público

«Consideramos necesario que se establezan obxectivos e directrices específicas respecto deste aspecto, como é a necesidade de constituirmos unha empresa de transporte público para prestar este servizo no concello, que supere as actuais limitacións impostas polas concesionarias no momento de elaboración do Plan de mobilidade e as addendas elaboradas para definir o transporte público na Cidade. O PXOM debe definir por tanto as directrices para este servizo no que se debe implementar o trasnporte público municipal neste novo contexto».

A relación con outras administracións

«A dependencia da Cidade da súa relación co mar é evidente ao longo da historia e queda reflectida tanto na ubicación dos estaleiros como do Arsenal Militar. Esta dependencia nunca veu acompañada dunha reflexión sobre cal é a relación da Cidade coa súa fronte marítima e cal debe ser no futuro e a omisión sobre este aspecto que se fai no documneto debe revertirse. Así mesmo debe ter en conta os usos preexistentes nestes espazos e os seus usos e posibilidades futuras».

A revisión de convenios e Plans

En referencia a «como o especulativo de Ferrol Vello, o desenvolvido para a Fábrica de Lapis. Rematar co crecemento especulativo no Sánchez Aguilera o de saneamento baseado nunha rede unitaria a constitución do parque comarcal de bombeiros a recuperación de Recimil».

As infraestructuras ferroviarias como vertebradoras e non como elementos de destrucción do territorio

«Propoñendo a modificación do trazado de acceso ferroviario ao porto exterior, a eliminación do peirao carboeiro e a planificación de conexións comarcais e de saida cara A Coruña antes que propoñer investimentos absurdos pola falla de servizos como o retranqueo da estación».

Lea también

Aceptadas 4 propuestas de mejora del COAG a la ordenanza de licencias de Ferrol

La concejala de Urbanismo de Ferrol, Blanca García, dio cuenta este miércoles en la comisión …

2 comentarios

  1. ¡Cómo que va a haber nuevo PXOM en este mandato! JA, JA y más JA. No son capaces ni de arreglar la Plaza de Armas, como para redactar un nuevo Plan. Quedará pendiente para el próximo alcalde.

  2. Vamos a ver Sr. Rivas. Debería preguntarle a Xaime Bello el porqué de la edificabilidad concedida al Ministerio de Defensa en la parcela de Sánchez Aguilera. Se lo digo no porque el Sr. Bello fuese quien la concedió -eso provino ya de la cesión al Ayuntamiento del antiguo Hospital de Marina para la Universidad (PSOE e IU; Alcalde Couce Pereiro)-, sino porque fue el primero que lo recogió en el primer convenio firmado cuando Xaime Bello era alcalde de Ferrol. «Falar no ten cancelas».