Último obradoiro formativo do ano para empresas e profesionais do turismo, comercio e a hostalaría de Ferrol

concello ferrol-12A Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol organizará o próximo 21 de decembro o obradoio “Cloud computing; a nube ao servizo da empresa; servizos na nube para a xestión da túa empresa e dos teus clientes.” O obradorio , de asistencia de balde, previa inscrición, será impartido polo experto Tirso Maldonado, no Hotel Carrís Almirante e en horario de 16.00 h a 20 h.

Tirso Maldonado conta cun grande prestixio coma formador en temas de tecnoloxía e Internet, docente da EOI, impulsor da plataforma de e- learning Witcamp e responsable de negocio do Social Learn S.L

O concepto de cloud computing comeza ser cada vez máis coñecido. Dito doutro xeito “a nube” trata dun entorno no que é posible almacenar diferentes tipos de contido ou aplicacións, sen ter que dispoñer dunha infraestrutura propia que o manteña.

No obradoiro explicaranse os beneficios do “cloud computing” para as Pemes, ao dispoñer de novas ferramentas que pemiten acelerar a innovación dos procesos e reducir custes. Ocloud computing permite a posibilidade de trasladar toda a nosa información á Rede de modo que poidamos acceder a ela sen que nos xenere gastos de mantemento nin de espazo.

Grazas a que a información está aloxada en Internet, podemos acceder a ela dende calquera ordenador e dende calquera parte do mundo, coas vantaxes de mobilidade que isto ofrece.

O obradoiro poderáse seguir en Google Suite, un servizo de google que proporciona varios produtos de Google, incluíndo Gmail, Hangouts, Calendar, Drive, Docs, Slides, etc. Tamén serán explicadas ferrmamentas para a xestión de clientes de redes sociais e creación de campañas de marketing dixital como Zohocm, Zohocrm, Zoshocampaigns e Hootsuite.

As empresas interesadas deberán achegar un email a mlopezturismo@ferrol.es indicando o nome da empresa, enderezo e persoa que asistirá. Deberán realizar a inscrición antes do 20 de decembro. As prazas son limitadas e cubriránse por orde de inscrición.
Terán prioridade as empresas e profesionais do turismo, do comercio e da hostalaría do municipio de Ferrol. Se hai persoas interesadas doutro concello quedarán en lista de espera e serán avisadas no caso de prazas libres.

 

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …