Panorama Kids e Aventura Caninaactuarán esta fin de semana no Pazo da Cultura

O Padroado da Cultura de Narón ten á venda as últimas entradas dispoñibles para o espectáculo Panorama Kids que terá lugar este sábado 3 no Pazo da Cultura. Poden adquirirse a través da web de Ticketea ou na billeteira do Pazo a un prezo de 12 euros en venda anticipada e 14 o propio día da actuación. Este musical, dirixido ao público familiar, terá dous pases, un ás 18 horas e o último ás 20:30.

Os integrantes da orquestra Panorama, unha vintena de persoas, subiranse ao escenario para interpretar varios temas infantís, clásicos e outros de máis actualidade dirixidos ao público infantil. O show aposta tamén pola interactuación co público, o que sumado á calidade do musical e aos vistosos decorados farán deste espectáculo unha proposta da que gozarán tanto os menores como o público adulto.

Así mesmo, tamén están a venda na billeteira do Pazo as últimas cincuenta entradas para o musical Aventura Canina, que terá lugar o domingo, 4 de decembro, ás 17 horas. O prezo das entradas é de 12 euros en venda anticipada e de 14 o día da actuación. A compañía Tertulia Produccións trae a Narón esta proposta cultural, baseada na exitosa serie infantil La Patrulla Canina, no que non faltará a emoción e donde a música, a diversión e o xogo cobran un especial interese.

Lea también

O BNG de Narón presenta unha moción sobre vivenda

O BNG de Narón presenta unha moción no pleno para frear o prezo dos alugueiros, …