Interesante exposición «Via Iacobitana», no concello de Fene

expo-via-iacobitanaO Salón de Plenos do concello de Fene acolle dende este sábado ata o próximo 30 de decembro a exposición «Via Iacobitana», unha colección de 50 fotografías sobre as Rutas Xacobeas realizadas polos fotógrafos galegos Tino Diz e Luis Gabú.

A celebración da exposición é froito do convenio de colaboración asinado por Turismo de Galicia e Viaqua no marco do cal visitou xa outras cidades de Galicia como Santiago ou Ourense para amosar o Camiño dende unha perspectiva artística contemporánea.

Os fotógrafos galegos convertéronse en peregrinos para plasmar a súa visión particular e as sensacións que lles suxire a experiencia xacobea.

A través destas imaxes, contémplanse diversos itinerarios en diferentes épocas do ano, as súas variadas paisaxes, os romeiros, os veciños e o patrimonio cultural que atesouran dende a óptica persoal dos autores o cal lle imprime personalidade.

Con esta mostra aumentase, así, o legado iconográfico xacobeo existente e tamén lograse perpetuar no tempo os instantes da Ruta e as vivencias dos que a realizan, así como poñer en valor o labor de grandes profesionais galegos.

Así, coas imaxes propostas na mostra evidénciase a multiforme esencia do Camiño de Santiago, o sentido xeneroso e aberto da peregrinación xacobea, así como, o seu inesgotable poder de atracción. A exposición está aberta ao público de luns a venres de 8:00 a 14:00 horas.

Lea también

El Festival Ilustrado regresa a Ferrol en junio

Ferrol acoge los días 14,15 y 16 de junio un evento único en España que …