Narón renova o convenio co IES As Telleiras para realizar un curso de FP de Carpintería de Moble

O alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e a directora do IES As Telleiras, Irene Mira, asinaron o pasado venres un acordo de colaboración en materia de Educación e Formación. No acto, que tivo lugar no Concello, estivo tamén presente a edil de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida.

En virtude a este convenio, tal e como indicou Sánchez Fojo, «poderán desenvolverse os módulos profesionais asociados ao currículo de Formación Profesional Básica de Carpintería e Moble no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara». O alumnado do IES As Telleiras matriculado e admitido no citado título profesional básico será o beneficiario deste acordo e as actividades enmarcadas no mesmo desenvoranse ata o mes de xuño de 2017.

O Concello de Narón aporta as instalacións e os servizos necesarios, se ben o instituto achegará ao persoal docente e técnicos, contratos de seguros e outras actuacións, e comprométese a presentar o vindeiro ano unha memoria das actuacións desenvolvidas no marco deste acordo.

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …