O departamento de Normalización lingüística de Ferrol convoca un concurso escolar de carta de Reis

O programa de Normalización Lingüística de Ferrol para este Nadal inclúe a convocatoria dun concurso escolar de cartas de Reis para os nenos de Educación Infantil, e 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria, de 3 a 9 anos. A temática da misiva será a lingua, o seu uso e as linguas do mundo.

En cada centro educativo de Infantil e Primaria do termo municipal haberá unha caixa de Correo Real para que os rapaces poidan depositar as súas misivas para o concurso. Todas terán cumprida resposta dos Reis Magos no 2017 cun pequeno agasallo e as tres mellores de cada categoría recibirán, a maiores, un premio.

Cómpre depositar as cartas antes do 21 de decembro no Correo Real. Hai un situado en cada centro de ensino, tamén nos baixos do Concello e nas Bibliotecas municipais. Cada carta debe conter, ben clariños, os datos do neno participantes (nome e apelidos, curso, centro, dirección e contacto).

Lea también

El «XVI Concurso de Piano Sociedad Artística Ferrolana-2024» se celebra este sábado día 20

La Sociedad Artística Ferrolana (SAF), celebrará este sábado día 20 en horario de 10 a 14 …