O Concello de Neda inaugura un boletín coa actualidade do municipio

Neda no Camiño é o nome do boletín que a partir de agora levará a actualidade do municipio ao conxunto da veciñanza, nunha iniciativa do Concello de Neda para mellorar a comunicación entre a administración e os administrados. Trátase dunha publicación bimestral para facer chegar aos habitantes do municipio os acordos e proxectos que lles afectan e para conseguir, do mismo xeito, que esa corrente se produza tamén en sentido contrario.

O boletín servirá para informar das obras e servizos municipais así como das iniciativas que nacen das entidades e dos éxitos do deporte local.

Neste primeiro número teñen espazo propio as medidas do executivo local dirixidas ás persoas, a inversión en materia de infraestruturas, o compromiso do equipo de goberno por darlle continuidade ao ARI e o proxecto que garantiza o futuro da zona dos Subarreiros. Coa contraportada réndese homenaxe aos voluntarios de Protección Civil.

Ao longo do día de hoxe os 2.000 exemplares do boletín Neda no Camiño xa estarán nas máns de veciños e entidades.

Lea también

16 negocios de hostelería participan en una nueva edicion de “Neda a petiscos”

El Ayuntamiento ha presentado este viernes 19 una nueva edición de “Neda a petiscos”. La …