Entregados os premios do VII Concurso de Fotografía Cidade de Narón

concurso-fotografia-naron-ganadores-7-12

A concelleira de Turismo e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, presidiu esta mañá o acto de entrega dos premios do VII Concurso de Fotografía Cidade de Narón, que nesta edición espertou o interese de 44 fotógrafos da bisbarra e mesmo de fóra dela que presentaron perto de 130 imaxes.

Os tres primeiros clasificados recolleron os cheques por valor de 750, 300 e 150 euros, respectivamente. O gañador, como xa se anunciou no seu momento, foi un veciño de Narón, José Antonio Serantes, cuxa instantánea titulada Día da Bicicleta foi distinguida polo xurado, composto polos fotógrafos profesionais Kiko Delgado (El Correo Gallego) Jesús G. Taboada (propietario do Estudo F64 Fotógrafos), Daniel Alexandre (Diario de Ferrol) e a xornalista Lorena Romero. Tamén recibiron os seus premios o segundo clasificado, o tamén naronés Francisco J. Rodríguez, pola súa obra Ribeira do Río Grande, e a veciña de Cambre Laura González, que obtivo o recoñecemento do xurado pola súa fotografía titulada Ponte medieval de Pielas. A calidade técnico-artística, a orixinalidade e mais a representatividade do municipio foron os criterios que valorou o xurado para conceder os premios.

A edil agradeceu a todas as persoas que participaron a súa implicación no concurso e destacou a calidade das imaxes presentadas, que serán utilizadas para promocionar a imaxe do concello de Narón. Asimesmo, as tres fotografías premiadas formarán parte, canda as outras nove finalistas, do calendario de sobremesa que está a editar o Concello para o ano 2017.

Lea también

O Concello de Narón acolle ata o 3 de maio unha exposición sobre saúde mental

A pranta baixa do Concello acolle dende este xoves 18 e ata o vindeiro 3 de …

Un comentario

  1. ¿Entregaron también el premio al mejor alumbrado de Navidad, que sin duda se va a llevar Narón este año? JAJAJAJA.