Fallados os premios do I Concurso de Fotografía Concello da Capela

capela-fotografiaO Concello da Capela convocóu o I «Concurso de Fotografía Concello da Capela» certáme co obxectivo de difundir o patrimonio histórico, etnográfico e natural que conforman o Mosteiro de Caaveiro e as Fragas do Eume, na Capela, así como promover a defensa ambiental e o ecoloxismo.

Este I Concurso de Fotografía contóu có patrocinio da Deputación da Coruña.

Este sábado tivo lugar a elección das tres fotografías gañadoras, de entre as 141 que se presentaron ao concurso. A gañadora do primeiro premio -500 euros- foi Paula Gabeiras, da Capela, cunha fotografía en branco e negro do mosteiro de Caaveiro; o segundo premio, dotado con 300 euros, foi para Javier Meizoso, das Pontes, cunha fotografía feita dende unha cova, e o terceiro premio, de 100 euros, para Victor Schäfer, de Ares, cunha fotografía do río Eume.

XURADO

O xurado estivo formado por Emilio Riobó, concellal en representación do Concello da Capela, Vanesa Cebreiro, fotógrafa afeccionada titulada en laboratorio de imaxe, Ramón Vaamonde, fotógrafo profesional xurado en varios concursos de fotografía e gañador de certames a nivel nacional, David Landrove, fotógrafo profesional xurado en outros concursos, Jorge Meis, fotoperiodista profesional xurado en varios concursos de fotografía, e Víctor Caneiro, en representación de Eventi, empresa organizadora.

EXPOSICIÓN

De entre as fotografías presentadas ao certame, fíxose unha selección das 20 finalistas, coas que en breve se organizará unha exposición que poderá ser visitada libremente.

Lea también

Neda impulsa varias jornadas de puertas abiertas en la escuela infantil Os Pelegríns

El Ayuntamiento de Neda promueve durante la próxima semana varias jornadas de puertas abiertas en …