O Concello de Cabanas melloraá a accesibilidade no entorno da Igrexa de San Andrés

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, informou de que o Concello levará a cabo un ambicioso proxecto de mellora da accesibilidade no entorno da Igrexa de San Andrés.

Así, explicou que a intervención está orzamentada en preto de 90.000 euros e, fundamentalmente, busca garantir a accesibilidade no entorno e mellorar a seguridade. «As obras contemplan eliminar as rampas actuais, cunha forte pendente que dificultan a mobilidade. Proponse deixar a nivel a Rúa de Abaixo con O Inferniño e O Atallo. Ademáis, as obras permitirán soterrar a liña eléctrica que cruza a AC141 e que a día de hoxe chega a tocar os tellados das casas. E, por último, prevese a humanización do entorno e a ampliación do vial que conecta co adro», asegurou.

O proxecto foi aprobado en pleno, trámite necesario para que o Concello puidese presentalo ó programa Hurbe da Xunta de Galicia. Así, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio asumía o seu financiamento con cargo a este plan e recentemente iniciaba o proceso de contratación dos traballos.

Lea también

La Mancomunidad de Concellos celebró en Valdoviño una jornada técnica de turismo

Valdoviño acogió esta semana una charla técnica organizada por la Mancomunidad para dar a conocer …