Carlos Caetano Vizcaíno Fernández, gañador do premio Ricardo Carvalho Calero

O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Cultura, Educación e Universidade, ven de dar a coñecer o nome do derradeiro gañador da XXI edición do Premio de carácter bianual Ricardo Carvalho Calero de Investigación Lingüística e Creación Literaria, que ten por obxecto promover a creatividade artística e literaria.

A esta 21 edición, presentáronse 10 traballos -de 100 a 250 folios- asinados por 9 personas, unha de elas competía nas dúas categorías. Por unanimidade, o xurado reunido onte declarou vencedor desta edición a Carlos Caetano Vizcaíno Fernández, autor dun traballo de investigación lingüística e ensaio que chamou ‘Fernando Osorio Do Campo: Unha vida sen tregua’. O autor é vicedecano da facultade de Filoloxía da Universidade de A Coruña.

A obra gañadora será publicada polo Concello e o seu autor, obtén un premio de 3.700 euros. O XXI premio de Creación Literaria foi declarado deserto.

O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, aplaude o traballo gañador, polo seu enfoque, e a calidade dos que foron presentados a esta 21 edición e aposta pola continuidade dun premio que está enraigado no Concello, que rememora a figura dun profesor e lingüística esquecido pola Real Academia Galega como foi Ricardo Carvalho, nado en Ferrol Vello e o primeiro catedrático de Língua e Literatura da Universidade de Compostela.

Lea también

Neda celebra las XIX jornadas literarias poniendo el foco en «Trazos de Xapón»

«Un encontro entre a caligrafía e a palabra escrita” que reunirá los días 25, 26 y 27 a …