Presentación do novo video promocional do territorio do GALP Golfo Ártabro Norte

Este xoves tivo lugar na Escola de Hostelería de Pontedeume a presentación pública do novo vídeo promocional do territorio do GALP Golfo Ártabro Norte e das axudas do Programa FEMP 2014-2020. A produción deste vídeo está incluído dentro das actividades programadas para este ano 2016 de animación e divulgación do Grupo.

Neste acto contouse coa presencia da Directora e da Subdirectora de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, así como alcaldes/as e concelleiros/as dos 10 concellos que forman parte do ámbito territorial, os representantes das seis confrarías de pescadores, así como representantes das entidades asociadas ao Grupo, e outras entidades representativas do territorio.

Ao remate da presentación tivo lugar unha degustación de produtos locais do territorio (ameixa, mexillón e berberecho).

O vídeo cunha duración aproximada de 45 minutos fai un percorrido polos lugares máis carismáticos da costa do territorio, así como das actividades de pesca e marisqueo, das actividades náuticas e deportivas no mar, e como non, da nova liña de axudas existente neste territorio, da que xa está aberto o prazo ata o 1 de marzo para a convocatoria do ano 2017.

Con estas axudas preténdese mellorar as condicións de vida e as oportunidades de desenvolvemento actuais e futuras dos integrantes da comunidade costeira, tendo entre os obxectivos do GALP Golfo Ártabro Norte a mellora da competitividade do sector pesqueiro; proxectos emprendedores vinculados ao mundo do mar facilitando o seu establecemento no territorio; mantemento da cultura e as tradicións mariñeiras; impulso do turismo mariñeiro a través de novas iniciativas emprendedoras de turismo; asentamento de novas empresas e persoas emprendedoras con proxectos viables; xornadas, cursos… destinados a profesionais do mar; programas de formación e proxectos educativos; coidado do medio natural e mariño…..

Lea también

O Concello de Valdoviño amplía a zona azul gratuíta do entorno da Porta do Sol

O Concello de Valdoviño vén de ampliar a zona azul gratuíta no entorno da Porta …