Medina Azahara será cabeza de cartel no festival «Rock Narón»

A banda cordobesa Medina Azahara encabeza o cartel do festival Rock Narón que se celebra mañá venres a partir das 21 horas baixo unha carpa instalada Praza de Galicia. O concerto, que é de balde e que ofrece un aforo máximo de 3.500 persoas, contará con tres teloneiros. Trátase de Mártires del Rock, banda tributo dos ourensáns Los Suaves; La Oveja Negra, que intepretarán temas de Barricada, e os naroneses Black Jack, que contan entre o seu repertorio con cancións dos Beatles e outros clásicos do rock. Tras eles actuará Medina Azahara, unha das bandas de rock máis importantes do panorama musical español das tres últimas décadas.

As actividades organizadas polo Concello de Narón continuarán o sábado coa tradicional cabalgata de Papá Noel, que sairá ás 16 horas desde Xuvia pola Estrada de Castela –que estará pechada ao tráfico rodado entre esa hora e as as 17 desde a estación de FEVE do barrio ao cruce da Faísca- e rematará na Praza de Galicia.

Para completar o seu percorrido, Papá Noel estará acompañado por membros do Moto club Fojeteiros. Na Praza de Galicia, Santa Claus recibirá aos nenos que queiran lembrarlle as súas peticións para esa noite e presidirá un festival infantil no que haberá música e inchables.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …