Anunciados os gañadores das primeras cestas con produtos navideños da campaña «Comercio de Narón»

O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, presenciou onte o sorteo das dúas primeiras cestas con produtos navideños entregadas no marco da campaña Comercio de Narón, en Nadal e sempre, impulsada pola Concellería de Promoción Económica e a Asociación de Comerciantes de Narón. Miguel Neira Aneiros e Marcial Calvo Agras resultaron gañadores das cestas sorteadas nos establecementos Zona PC e Mi Nené, respectivamente, que se entregarán o vindeiro luns, día 2, ás 12:30 horas no Concello.

A campaña inclúe o sorteo nos establecementos elixidos, o vindeiro 5 de xaneiro, de outras dúas cestas –que se entregarán o día 9 no Concello-, e o 11 de xaneiro realizarase o propio cos dous vales por importe de 500 euros e outros dous de 300 euros que se entregarán a catro clientes dos comercios adheridos a esta iniciativa, un total de 135 de todo o termo municipal. Os premios económicos, que se entregarán o día 12 de xaneiro no Consistorio, deberán gastarse exclusivamente nos establecementos que participan na campaña, os días 16 e 17 de xaneiro.

As persoas interesadas poden aínda optar tanto ás dúas cestas como a algún dos catro vales pendentes de sortear, mercando nos comercios adheridos, que se poden consultar a través da páxina web: www.comerciodenaron.es. No momento de realizar a compra entrégaselles unha papeleta aos clientes que deben cubrir cos seus datos persoais para poder participar. O edil de Promoción Económica agradeceu novamente a implicación dos comerciantes naroneses neste tipo de iniciativas e animou á veciñanza a realizar as súas compras nos establecementos locais “con produtos de gran calidade e cunha oferta moi variada para a clientela”, destacou.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …