O Concello de Narón destina 40.000 euros a subvencións para clubes e entidades deportivas

O Concello de Narón anunciou a convocatoria pública das subvencións a clubes e entidades deportivas de ámbito municipal, ás que a Concellería de Deportes destina unha partida conxunta de 40.000 euros, tal e como apuntou o edil responsable da área, Román Romero. Os destinatarios destas subvencións dispoñen dun prazo de trinta días naturais para presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello, contados a partir do día seguinte da publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP) -que tivo lugar o pasado xoves, día 5 de xaneiro-. As instancias a cumplimentar poden recollerse nas oficinas do pavillón polideportivo da Gándara.

As achegas económicas destínanse a clubes e entidades deportivas sen ánimo de lucro que realizan actividades deportivas na localidade, e que ademais deben cumprir os requisitos establecidos para acceder ás mesmas, recollidos na Ordenanza reguladora de concesión de subvencións e axudas públicas do Concello de Narón.

Os citados clubes e entidades deben figurar pertinentemente inscritos no Rexistro de Entidades do Concello de Narón para poder optar a estas axudas, tal e como subliñou o edil de Deportes naronés.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …

Un comentario

  1. Qué vergüenza. Convocar en 2017 las de 2016 que se suelen convocar en mayo.