O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado o concerto de Sés

A programación cultural do primeiro trimestre do ano no Pazo da Cultura comezará este sábado, día 14, co concerto de a cantautora coruñesa María Xosé Silvar, Sés, quen interpretará en Narón temas do seu último disco –o cuarto na súa carreira musical, que viu a luz o pasado mes de decembro-, titulado Opoñerse á extinción. A cita será a partir das 20 horas e as entradas, xa á venda na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-, teñen un prezo de 12 euros para o público en xeral e de 8,40 para abonados, menores de 14 anos e desempregados. A día de hoxe están vendidas unhas setecentas entradas.

O concerto terá unha duración de case dúas horas, un tempo no que o público poderá gozar da música de autor, do blues e dos sons latinoamericanos da man de Sés e dos seus músicos habituais: Tito Calviño (guitarra), Fernando Fraga (baixo), Lorena Cachito Martín (batería), Lucía Cela, Lucía Souto e Lucía Ínsua (coros) e Chicho Cordero (percusións).

O domingo, día 15, será o turno da danza contemporánea, nesta ocasión cunha estrea a cargo de Cristina Montero e Rut Balbís, Las Tricotouses, que protagonizarán o espectáculo Emoticores, dirixido a todos os públicos a partir de 8 anos. A cita dará comezo ás 18 horas e as entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura de Narón a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados.

O espectáculo está pensado para rapaces de entre 8 e 12 anos, centrándose nas cores e na súa función como ferramenta para recoñecer espazos emocionais que precisan ser expresados. A través da cor, do movemento e da iluminación xorden unha serie de emocións cunha estética moi atractiva para os nenos.

 

A programación deste mes de xaneiro no Pazo da Cultura inclúe ademais dous espectáculos teatrais, enmarcados no xénero da comedia. O día 21 será o turno da compañía Sarabela Teatro, que representará a obra Normas para saber vivir na sociedade moderna, e o día 28 o de Contraproducións SL, coa obra O tolleito de Inishmaan. Ambas representacións darán comezo ás 20 horas e as entradas están xa á venda.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás …

Un comentario

  1. naron es la ciudad-pueblo en donde es mas difícil comprar una entrada por Internet para la programación cultural , esta a la cola de cualquier pueblo de galicia , sr luciano a ver si hay mas transparencia en la venta de entradas en naron