O Padroado da Cultura e A Pombiña organizan a Mostra de Teatro que comeza o domingo en Pedroso

Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña

O local social da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, de Pedroso, acollerá este domingo, día 22, o primeiro dos espectáculos programados con motivo da Mostra de Teatro. O grupo teatral Donas de Amistad, de Ferrol, será o encargado de inaugurar a Mostra, que comezará ás 20.00 horas coa posta en escena da obra “La familia de Próspero Fortúnez”.

A programación da Mostra de Teatro de xaneiro de 2017 en Pedroso continuará a vindeira fin de semana, os días 28 e 29, tamén ás 20.00 horas no local da SCR A Pombiña. Na xornada do sábado 28 o grupo Licor Café, de Cabanas, representará a obra “Ao són dos novos”, e o domingo 29 será o turno do Grupo de Teatro A Pombiña, de Narón, que representará a peza “Quen vai á guerra?”.

A entrada a estas tres obras da Mostra é de balde. A convocatoria enmárcase dentro das actividades impulsadas a través do Padroado da Cultura de Narón co fin de programar diferentes espectáculos, neste caso teatrais, nas parroquias da localidade.

Lea también

La Asociación de Hosteleros de Narón y Ferrolterra acuerda con el concello de Narón la ampliación del horario de cierre durante Semana Santa

La Asociación de Hosteleros de Narón y Ferrolterra ha dirigido una solicitud formal al Ayuntamiento …