Sedes movilízase para defender a súa case centenaria Escola Rural

Cartel Escola Rural Sedes

Diante do silenzo das administracións con competencias directas coma a Xunta, ou complementarias coma o Concello de Narón, e logo de transcurrido máis de medio ano sen que se adopten as medidas e propostas presentadas (ou que nin siquera se estudiasen), pola comunidade veciñal de Sedes, ésta decide pasar á acción.

No mes de marzo de 2016, Sedes presentou un Programa Experimental de Conciliación Laboral-Familiar e de Educación para as escolas rurais diante dos grupos parlamentarios galegos, que expresaron a necesidade e oportunidade da proposta, presentando incluso o PSOE e AGE, preguntas e propostas non de lei no Parlamento Galego.

Na mesma data, a comunidade veciñal presentou diante do Concello de Narón a mesma proposta, que culminou coa aprobación no Pleno de xullo, así coma a encomenda para presentar e defender diante da Xunta a petición da veciñanza. A pesares de ter presentada tamén esta proposta ó PP e á Xunta, ésta ainda non contestou.

Así que a comunidade de Sedes, que leva peleando e conseguindo que siga aberta a escola rural de Sedes, dende hai case dez anos, decide tomar a iniciativa para iniciar formalmente a reclamación, polo dereito que lle asiste de petición, para que se manteña a escola e se aplique o Programa Experimental de Conciliación Laboral-Familiar e de Educación. Para esta finalidade poñerán á disposición das veciñas e veciños de Sedes a información e as follas de recollida de sinaturas en diversos puntos da parroquia coma o Centro Cívico-Social, Escola, e outros puntos móviles.

Solicitarán, ademáis, para impulsar a sua petición, entrevistas có Alcalde de Narón e concelleira de Educación; diputado de Educación e medio rural da Deputación de A Coruña; Coordenador municipal do PP, Conselleiro de Política Social e Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, así coma á Valedora do Pobo á que expoñerán as súas queixas pola tardanza e desidia das administracións fronte ás peticións da cidadanía en xeral, e da reducción de dereitos de feito á cidadanía do rural, onde se suprimen tódolos días servizos públicos esenciais.

Lea también

La Mancomunidad de Concellos celebró en Valdoviño una jornada técnica de turismo

Valdoviño acogió esta semana una charla técnica organizada por la Mancomunidad para dar a conocer …