O BNG convoca un acto público sobre o proceso para poñer en marcha a rede de saneamento en Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol convoca un acto público informativo, aberto ao conxunto de veciños e veciñas da cidade, para dar a coñecer a situación actual na que se atopa o proceso para poñer en marcha a rede de saneamento en Ferrol. Este acto vai ter lugar o vindeiro martes 24 de xaneiro às 20 horas no salón de actos do antigo hospicio.

O BNG considera necesario compartir co conxunto de veciños e veciñas da nosa cidade a información que se ten sobre esta cuestión de actualidade xa que consideran que é un tema de grande interese.

Neste acto público repasarase o que se ten feito desde sobre este tema lembrando entre outras cuestións «que o Modelo eleito de rede de saneamento é obsoleto por tratarse dunha rede unitaria, contraria a todos os criterios actuais de xestión de augas residuais e contrario as propias determinacións da Lei de Augas de Galiza e das directrices do propio PXOM».

O BNG senala que «o PP impuxo unha taxa para pagar as obras e a posta en funcionamento do saneamento asumindo o modelo de rede unitaria imposto polo Estado e o custe das obras.

En agosto de 2015 o Goberno da cidade confirmou que a depuradora da cidade, despois de décadas de abandono, non depuraba. Esto non impediu que se nos cobrase por este servizo máis de 800.000 euros no remate do ano 2014 e que na actualidade o goberno FeC pretende dar continuidade ao modelo unitario imposto polo PP, asume os custes de reparación da EDAR, os da construción da obra e a posta en funcionamento da infraestrura e entrega a xestión do sistema á empresa ACUAES, responsable da execución dunhas obras que acumulan máis dun ano de retraso que suporán maiores custes para a Cidade».

O BNG recorda que as propostas que defende pasan por:

«A transformación do sistema de depuración.
Modificando e complementando a infraestrutura para que as augas fecais non sexan tartadas conxuntamente coas augas pluviais reducindo os custes medioambientais e económicos.

A xestión directa dos servizos básicos para a cidade.
Recuperando a xestión pública da auga, tanto no servizo de abastecemento como no de saneamento e depuración. A primeira compensación sería inmediata ao eliminar o beneficio económico da empresa concesionaria.

Que o Estado asuma a súa responsabilidade e pague as obras.
A pesar de non poder decidir a ubicación da EDAR e ter que bombear máis de 40 m. os volumes a tratar, de impoñernos un modelo de rede unitaria con excesivos tanques de tormentas insostible económica e medioambientalmente e de non poder decidir sobre o trazado dos colectores o Estado e o actual goberno pretenden que asumamos nós o custe da obra».

Lea también

Aceptadas 4 propuestas de mejora del COAG a la ordenanza de licencias de Ferrol

La concejala de Urbanismo de Ferrol, Blanca García, dio cuenta este miércoles en la comisión …