O pavillón Campo da Serra acollerá a III Xornada de Tecnificación da Federación Española de Baile Deportivo

A terceira edición da Xornada de Tecnificación da Federación Española de Baile Deportivo (FEBD) desenvolverase o vindeiro sábado, día 4, nas instalacións do pavillón polideportivo Campo da Serra, en Santa Icía. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Román Romero, que asegurou que “é toda unha satisfacción para o noso Concello que a Federación Española de Baile Deportivo aposte pola nosa cidade para levar a cabo esta xornada”.

As probas, nas que se prevé a participación dun centenar de persoas que practican baile deportivo e con licencia en activo, terán lugar entre as 9.30 e as 19.00 horas. Os participantes proceden de Galicia, se ben algúns dos inscritos chegan doutras localidades, como Valencia, Madrid e tamén das Illas Baleares, concretamente de Palma de Mallorca, entre outras.

Un equipo de técnicos internos da Federación e externos encargarase de valorar o traballo dos participantes. Romero avanzou que entre os da modalidade externa desprazaranse a Narón: Christian Costa, de Italia, e Michael Malitowski, polaco e varias veces campión do mundo de Baile Deportivo.

A vindeira xornada de tecnificación programouse para o 4 de marzo en Barcelona, tal e como apuntan desde a Federación Española de Baile Deportivo.

Lea también

La AD Judo Ferrolterra participará en la Copa de Europa de Portugal en Coimbra

Este fin de semana se celebra en la ciudad portuguesa de Coimbra la edición 2019 …