Fremap bonifica con 4.837 euros a Narón pola baixa sinistralidade laboral rexistrada durante o ano 2015

Instante de la entrega – Concello de Narón

A Dirección Xeral da Seguridade Social emitiu unha resolución autorizando bonificar ao Concello de Narón cunha partida de 4.837,13 euros en concepto da baixa sinistralidade laboral rexistrada durante o ano 2015. O alcalde, José Manuel Blanco, recibiu unha Mención Honorífica de mans de Juan Pablo del Río, director da delegación de Ferrol da Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social (Fremap), que acudiu acompañado de dous técnicos da compañía, Agustín Rubio e Isabel María Díaz. Os representantes de Fremap, xunto co responsable de Seguridade e Saúde Laboral do Concello, David Corral, mantiveron unha xuntanza co rexedor local no seu despacho antes de proceder á entrega da citada Mención Honorífica.

No documento, emitido a modo de diploma, faise constar o feito de que o Concello de Narón distinguíuse durante o exercicio de 2015 “na contribución da redución da sinistralidade laboral, de acordo cos requisitos establecidos no R.D. 404/2010, de 31 de marzo”.

Desde o ano 2010 o Concello naronés recibiu periodicamente diferentes contías en concepto da diminución e prevención da sinistralidade laboral. En concreto, nos cinco anos anteriores percibiu un total de 21.094,86 euros, aos que agora se suma esta partida de 4.837,13.

Para poder optar a estas aportacións, a administración local tivo que cumprir unha serie de requisitos, como realizar actividades preventivas e accións formativas dirixidas ao persoal que traballa no Concello sobre riscos laborais, nomear a un responsable de prevención na área, e vixiar a saúde dos traballadores e traballadoras, entre outros.

Así mesmo, cabe recordar que o Concello de Narón dispón dun Comité de Seguridade e Saúde Laboral que se constituíu no ano 2005 e do que forman parte os edís Guillermo Sánchez Fojo, Pablo Mauriz e Ibán Santalla, e tres funcionarios: Xosé Henrique Calvo, María José González e Manuel Bello.

Lea también

Valdoviño incorpora a la plantilla municipal tres auxiliares de Policía Local

El Ayuntamiento de Valdoviño incorporó a la plantilla municipal 3 auxiliares de Policía Local, aumentando …

2 comentarios

  1. Hombre de 9 a 14 h en la oficina como mucho libque pueden es torcerse un tobillo