O Baloncesto Narón gaña en Vigo e sobe á sexta praza

O Baloncesto Narón conseguiu hoxe en Vigo unha vitoria máis axustada do previsto (62-72) ante un rival que aínda non gañara ningún dos catorce partidos disputados no que vai de competición no grupo AB de Liga EBA e ao que os naroneses venceran na primeira volta de 32 puntos.

O equipo que dirixe Pablo Rodríguez fixo un partido moi discreto e, se ben nunca viu perigar o triunfo, tampouco deu a sensación de telo pechado, sobre todo despois de dilapidar rendas de máis de quince puntos na recta final do encontro. Os norteamericanos William Brandenberg e Timothy Gill, os máis valorados do encontro xunto co vigués Óscar García, sostiveron o equipo de Pablo Rodríguez, que foi superado no rebote polo conxunto olívico e asinou unhas porcentaxes de tiros libres e triplas máis baixos ca os do seu rival. De feito, o Seis do Nadal liderou (40-35) o parcial da segunda parte.

Temos que controlar mellor as vantaxes nos finais e estar máis concentrados nos momentos nos que tomamos certa distancia”, admitiu Rodríguez tralo triunfo que, con todo, lles permite subir unha posiciónata a sexta praza– na táboa clasificatoria do grupo AB da Liga EBA. O adestrador destacou tamén a actitude do equipo olívico, “que busca con todo o entusiasmo do mundo a súa primeira vitoria na liga” e lembrou que para este choque contaron coas ausencias de Stoll e Alberto Seco.

Syngenta Seis do Nadal (62): Brais Mallo, Cristian García (3), Iago González (6), Fernando Mouriño (17) e Óscar García (16) –cinco inicial-; Miguel Paz (4), Alexandre Teijeiro, Marcos De la Fuente (16) e Jonathan Álvarez.

Baloncesto Narón (72): Jorge Aller (2), Timothy Gill (18), Samuel Barros (13), William L. Brandenberg (20) e Dani García (6) –cinco inicial-; Álex Pita (3), Ezequiel Vázquez (1), Álex García ( 7) e David Pérez (2).

Lea también

June Moreno, quinta en la copa junior de Lignano

El pasado fin de semana se disputó en Italia, la Copa de Europa de Lignano, …

Un comentario

  1. Vamos, Narón!