O BNG convoca para este luns unha asemblea informativa en Caranza

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, continua a explicar polos barrios a situación na que se atopa o proceso para poñer en marcha a rede de saneamento en Ferrol e como a mesma vai repercutir nos veciños e veciñas. É por isto que este luns, día 6,  celebra un acto informativo en Caranza que vai ter lugar a partir das 19:30 horas no salón de actos do Centro Cívico.

O BNG considera necesario compartir co conxunto de veciños e veciñas da nosa cidade a información que temos sobre esta cuestión de actualidade xa que consideramos que é un tema de grande interese.

Así mesmo neste acto abordarase a nova taxa de saneamento que ten previsto desenvolver o goberno local nas próximas semanas ademais de informar sobre as propostas do BNG para a transformación do sistema de depuración, para facelo máis substentábel, a aposta pola xestión directa dos servizos básicos para a cidade, como é o saneamento, e a esixencia de que sexa o Estado quen asuma a súa responsabilidade e pague as obras.

Lea también

Ferrol en Común insta a un acordo inmediato co consorcio polo servizo de incendios

Ferrol en Común considera «inadmisible que sabendo a data concreta de vencemento do actual convenio, …