Este mércores presentación dun novo web do servizo de normalización lingüística de Narón

 O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón vai presentar esta semana o novo web “Do berce á rúa”. Así o avanzou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, ao indicar que o vindeiro mércores, día 8, a Escola Infantil Municipal da Solaina acollerá a presentación do novo portal web. A cita dará comezo ás 17.30 horas, tal e como indicou a edil naronesa, e á mesma están xa convidadas as familias usuarias das escolas infantís da localidade.

Taibo destacou as vantaxes deste tipo de iniciativas impulsadas desde o Servizo de Normalización Lingüística de Narón, en canto que “promoven a participación das familias no uso da lingua galega, inculcándollela aos seus fillos e fillas desde que son pequenos”.

Taibo destacou os recursos que ofrece o web entre os que destacan: xogos, cancións, arrolos, primeiras palabras, e tamén recursos moi útiles sobre a saúde, nomes en galego e consellos de crianza, entre outros.

A participación das familias é fundamental neste tipo de iniciativas, coas que colaboramos intensamente desde o Concello para tratar de facilitar na medida do posible unha serie de servizos e materiais para fomentar o uso da nosa lingua”, recalcou a edil de Ensino.

Lea también

O Plan Único da Deputación inviste 211.400€ para converter a r/da Garda de Narón nun bulevar

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou unha visita institucional ao Concello …

Un comentario

  1. Lo de la normalización lingüística está muy bien, pero primero hay que centrarse en atender a las necesidades de los vecinos, cosa que el concello de Narón NO está haciendo. Los viales están peor que nunca, el alumbrado, salvo donde vive el alcalde, no se revisa y permanece desde hace meses con luces fundidas, los semáforos llevan también meses si reparar… y así, un largo etcétera. En fin, un auténtico desastre.