Alumnos do CEIP da Gándara, Narón, visitan a Casa do Concello

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu novamente este martes –outros nenos e nenas do mesmo centro acudiron o pasado día 13- no salón de plenos do Concello a un grupo de vinte e un alumnos e alumnas de quinto curso de Primaria do CEIP da Gándara.

Os escolares chegaron sobre as 10.30 horas ao Concello, donde viron unha proxección sobre o Consistorio, no propio salón plenario, e despois tiveron a oportunidade de conversar co rexedor local, ao que fixeron unha gran variedade de preguntas.

Cómo decidiu ser alcalde, se lle gusta o seu traballo ou en qué consiste e cales son as súas aficións foron tan só algunhas das cuestións polas que se interesaron os menores ante Blanco Suárez.

Nos vindeiros meses visitarán tamén o Concello, no marco das actividades programadas desde o Servizo Sociocomunitario Municipal de Narón con centros educativos da localidade, alumnas e alumnos dos CEIP Ponte de Xuvia, Virxe do Mar, e A Solaina.

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …