Melina Alonso abre a tempada no Dúatlon de Lugo

Melina Alonso – Triatlón Ferrol

Nove membros do Triatlón Ferrol, con Melina Alonso e Marcos Ruiz á cabeza, competirán este domingo no Dúatlon de Lugo.

Despois dunha boa pretemporada de atletismo, Melina Alonso regresa ao dúatlon co cartel de favorita.

No cadro masculino, o equipo ferrolán ten a ambición de continuar a xeira de podios que encadea despois do bronce do Dúatlon de Guitiriz e a prata do campionato galego de dúatlon contra o reloxo de Vedra. Así, con Marcos Ruiz como referenza, o cadete Juan Rejas, o sub-23 Carlos Cándano, o absoluto Alberto Caneiro e o veterano Marcos Caneiro tentarán chegar ás medallas por clubs, á vez que cada duatleta buscará a súa clasificación para o campionato galego entrando entre os 18 mellores.

Completan a expedición do Triatlón Ferrol, na proba sen límite de tempo para rematar, Iván Gómez e Borja Catrufo.

O Dúatlon Cidade de Lugo terá lugar este domingo nun circuíto de 5 km de carreira a pé, 20 km de ciclismo e 2,5 km de carreira finais.

Lea también

Reserva de entradas para el partido del Racing Club Ferrol frente al CD Tenerife

El Racing Club Ferrol gestionará la reserva de las entradas que el CD Tenerife le ha …