«Alternativas na Xustiza-CUT» denuncia a situación dos arquivos xudiciais en Ferrol

No ano 2014 o sindicato Alternativas na Xustiza-CUT (AXG-CUT) presentou un informe sobre a situación de dos arquivos xudiciais de Galicia e en particular de Ferrol, denunciando a falta de espazo, a falta de persoal especializado de arquivo, a acumulación de papel, etc…

Pasados mais de 2 anos  Alternativas sinalan nun comunicado que «vémonos obrigados a denunciar de novo a situación dos arquivos: o único que se fixo foron pequenas chapuzas e remendos.

Segundo declaracións no ano 2014 do Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, “os órganos xudiciais galegos albergan o redor de tres millóns de expedientes arquivados, que en Galicia existen cerca de 50 edificios xudiciais e que o obxectivo marcado é rematar o expurgo no ano 2017”.

OS ARQUIVOS XUDICIAIS DE FERROL

A realidade dos arquivos xudiciais de Ferrol poñen en dubida o obxectivo do Vicepresidente pois como demostraremos coas fotos que axuntamos deixa ás claras a situación dos arquivos da cidade de Ferrol e os incumprimentos flagrantes en materia de riscos laborais que poñen en situación de risco a saúde dos traballadores e tamén dos cidadáns que visitan as dependencias xudiciais:

Falta de espazo: expedientes arquivados nos corredores, nas oficinas xudiciais polo chan, formando pilas por riba de estantes e armarios, en despachos de secretarios ou xuíces, apilados nas mesas dos funcionarios…

Expedientes estragados pola humidade, que se desfan ao collelos…. As pésimas condicións ambientais provocan o deterioro ata facelos inutilizables.

O arquivo propiamente dito está por riba do limite e é labiríntico.

Algúns Xulgados xa teñen caixas de expedientes –en dobre ou tripla fila- por riba dos armarios da oficina e polo chan.

Polos arquivos hai repartidos cebos para ratos.

Os corredores son tan estreitos que impiden a colocación de escadas para subir ou acceder cos carros dos expedientes, co conseguinte esforzo físico. A limpeza tamén é un punto clave: estas instalacións requiren un coidado periódico que non existe, estando en condicións case tercermundistas.

O arquivo xudicial de Ferrol segue a ter arquivados expedientes dende o ano 1950, hai expedientes arquivados nas oficinas xudiciais dende o ano 2010.

Por unha situación idéntica, a Xunta de Galicia denunciaría e sancionaría a calquera empresa. “Os que obrigan a cumprir son os primeiros en incumprir”.

Lembremos que nos arquivos de xestión dos edificios xudiciais  só deben permanecer os últimos cinco anos de arquivo de cada xulgado, o resto debería ser trasladado ao arquivo territorial correspondente para o seu expurgo

Elimináronse algunhas pezas de convicción, acomodáronse algúns arquivos para gañar algo de espazo e pouco máis.

A pesares de que a Xunta de Galicia constantemente fala do papel “cero” a realidade que que todos os xulgados seguen traballando con papel. É dicir que o número de procedementos para arquivar non paran de crecer. E sen embargo o espazo continua a ser o mesmo

Aínda que a situación é extensible a case tódolos órganos, algún deles son destacables:

O xulgado de Instrución número 3 ten que facer “piruetas” para poder gardar o seu arquivo. Ata un oco do ascensor é aproveitado con este fin, e resulta un lugar tan bó como calquera outro cando non hai onde colocar nin un só papel máis.

Ante tal situación, no seu día pediron una armarios para pór na antesala da sala de vistas, pero as dotacións orzamentarias non permitiron tal “estipendio” económico. A maior abundamento, a propia sala de vistas tamén é empregada como arquivo: colocáronse baldas no fondo da sala onde nas que poñer os expedientes. Este xulgado ten varias causas complexas que con volume das mesmas agravan máis a situación.

Na propia antesala almacénase o papel “cero” do Xulgado ante a imposibilidade de facelo noutro lugar.
O xulgado de Primeira Instancia número 3 é o que ten maior problemas nas propias dependencias do xulgado. Expedientes en caixas amoreadas polo chan, por detrás das mesas dos funcionarios, por riba dos armarios, e polas fiestras, co risco que supón no día a día por posibles caídas ou lesións).

O arquivo que está nas dependencias deste xulgado está ao cen por cen da súa capacidade.

O xulgado de Primeira Instancia número 5 foi creado no ano 2010. Desde entón este xulgado non dispón de ningún espazo reservado no arquivo da planta soto. Todos os expedientes destes sete anos están no arquivo das dependencias do xulgado, que tamén está ao cen por cen de capacidade. As gravacións orixinais dos xuízos están nunca caixa no chan do arquivo. Tras múltiples xestións, aínda ninguén atopou unha solución ante o negro futuro que se aveciña.

Se algún xulgado carece de arquivo, outros, pola contra teñen o seu tan repartido que semella unha sorte de “sudoku” poder atopar os procedementos, de non ser pola boa vontade, a pericia e o esforzo dos funcionarios xudiciais.

Na primeira planta hai tamén un cuarto destinado a arquivo, pero este “local habilitado” está tamén saturado por risco de afundimento.

PROPOSTA DE PRIMEIRAS MEDIDAS

Dende AXG-CUT propoñemos como primeiras medidas:

A creación de equipos de traballo especializados, dedicados en exclusiva ás tarefas de expurgo e arquivo e dotados cos medios humanos e materiais necesarios para unha solución rápida e eficaz do problema do arquivo xudicial. 

A situación dos arquivos xudiciais é tan grave que consideramos imprescindible que a primeira medida a tomar e o aluguer, por parte da Xunta, dunha nave por Provincia, ou inclusive unha en cada unha das 7 grandes cidades, para trasladar as pezas de convicción e os expedientes máis antigos. Con esta medida libraríase espazo para poder reorganizar adecuadamente os arquivos». 

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …