O prazo para anotarse a Cea das Mulleres de Narón remata o venres

O prazo para anotarse na Cea das Mulleres que se celebrará o vindeiro venres 10 de marzo remata mañá venres 3. Así o recordou a edil de Igualdade, Teresa Sabio, que indicou que as persoas interesadas teñen que adquirir os tickets –cun prezo de 18 euros– no restaurante A Roldana (polígono Río do Pozo). A iniciativa forma parte dos actos organizados desde o goberno local de Narón con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres.

A cea, que será no citado restaurante naronés, dará comezo ás 21.30 horas e o menú será a base de de pizza, empanada, polbo, lacón asado, tarta, café e chupito. Para amenizar a convocatoria haberá unha actuación musical.
Nesta Cea das Mulleres tamén se renderá unha nova homenaxe –trala oficial programada no Concello o propio 8 de Marzo– á Muller do Ano de Narón, que estará acompañada na cea do día 10 de todas aquelas mulleres que queiran sumarse ao recoñecemento.

O nome da homenaxeada, aprobado por unanimidade no pleno de finais do pasado mes de febreiro, darase a coñecer coincidindo co Día Internacional das Mullerres, tal e como se fai habitualmente, a modo de sorpresa para a persoa que obterá este recoñecemento.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …