EU Narón esixe a inmediata posta en marcha da EDAR

André Abeledo-EU Narón

Dende EU Narón esixen que a EDAR de Ferrol se poña a funcionar de inmediato, sendo responsabilidade da Xunta-Augas de Galicia que isto ocorra, con independencia que no seu día se resolva si ese servizo debe ser costeado por unha taxa a pagar polos veciños e veciñas de Narón e Ferrol, ou con cargo ás transferencias teñen que facer ao organismo autonómico as empresas municipais que hoxe xa cobran no recibo conceptos ligados ao saneamento e depuración.

Abeledo advirte que esta taxa é ademais unha «espada de Damocles» sobre as cabezas, posto que está non vai ser unha taxa fixa, nin que poida ser controlada pola parte política nos Consistorios, que é a que debe representar os intereses das veciñas e veciños. Está é unha taxa que vai a depender do prezo variable e en subida continua da enerxía, un sector controlado polas empresas privadas, e tamén das decisións arbitrarias da parte privada que controla o servizo de auga.

André Abeledo defende a necesidade de que dende os Concellos defendan os dereitos da veciñanza no que atinxe a taxa do saneamento, unha taxa ao seu entender abusiva, nada transparente, e claramente inxusta. Para EU Narón é imprescindible que a veciñanza de Narón tome conciencia deste abuso e saia a rúa para defender o seu dereito a unha taxa xusta, «no caso de ter que existir unha taxa de saneamento a maiores da que xa pagamos nos nosos recibos«.

Dende EU Narón aplauden tanto a concentración levada acabo pola «Plataforma pola Remunicipalización» fronte a sede de EMAFESA en Ferrol esixindo transparencia e unha taxa xusta, e como non a municipalización deste servizo básico, así como as declaracións do alcalde de Ferrol Jorge Suárez anunciando unha dura batalla contra a parte privada para defender os intereses da veciñanza.

André Abeledo esixe que o equipo de Goberno do Concello de Narón se poña a cabeza para defender os intereses das naronesas e naroneses contra unha taxa abusiva, porque está ten que ser a actitude de loita na defensa dunha taxa xusta, porque a auga non pode ser un negocio, porque a auga debe ser un dereito.

Abeledo entende que ante este abuso contra as veciñas e veciños de Narón e Ferrol, por ser as dúas cidades afectadas, deben actuar con a maior contundencia, chamando a mobilización da cidadanía contra este atropelo dende os propios Concellos para defender os dereitos da veciñanza.

André Abeledo ven denunciando a inxustiza que no caso do saneamento o Concello de Narón non debería ter que pagar parte dunhas obras que son claramente de interese xeral, e que polo tanto o financiamento completo correspondería o Goberno Central.

Abeledo insiste na necesidade de municipalizar os servizos básicos para que deixen de ser un negocio, e de nacionalizar os sectores estratéxicos, como pode ser a enerxía, para recuperar a soberanía dos pobos, e poñer estes recursos que deben ser un dereito fundamental o servizo da cidadanía.

EU Narón entende que o atraso nas obras dos interceptores xerais non debería supor que a veciñanza teña que pagar unha débeda tan inasumible como ilexítima que hipoteca o futuro de Narón, posto que ditos atrasos nada teñen que ver con decisións do Concello de Narón. O convenio con Acuaes debe anularse, dende EU Narón xa denunciaron en reiteradas ocasións que unha obra de interese xeral debe ser sufragada polo Goberno Central e non polas veciñas e veciños de Narón e Ferrol.

André Abeledo entende que a Xunta de Galicia e o Goberno Central teñen unha débeda coa veciñanza de Narón. O feito de que Narón estea situado ao lado dunha ría que debe ser saneada non debería supor un castigo para as veciñas e veciños en forma de taxas e impostos, unha poboación xa castigada especialmente polo paro e a crise económica que ve agora como os seus salarios vanse en pagar servizos básicos.

Ante a emerxencia social que continua a vivir o Concello de Narón, e a comarca, esixen que a Xunta de Galicia nos seus orzamentos contemple partidas no sentido de reverter os cartos que os cidadáns vense obrigados a pagar a maiores por mor do saneamento da ría, e por estar pagando unha parte dunha obra de interese xeral, en proxectos e políticas de emprego para Narón.

EU Narón defenden que nos orzamentos da Xunta de Galicia esas partidas deben ser separadas anualmente para dar continuidade a un proxecto real e que de resultados para a creación de postos de traballo en Narón, un proxecto que debería sacarse adiante dende os técnicos da xunta en colaboración directa có Concello de Narón.

Dende EU Narón urxen outra vez a Alberto Núñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia, a reunirse có consistorio de Narón, como xa fixo noutras grandes vilas galegas, posto que Narón é a oitava Vila da Galiza, para tratar persoalmente estes temas.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …

Un comentario

  1. Izquierda Unida exigiendo una cosa en Narón y otra distinta en Ferrol. Igualito que el Bloque. Cada día se parecen más.