A Universidade Sénior organiza as I Xornadas de Historia da Náutica baixo o lema “Ferrol fronte ao Mar”

Cartel do evento – Universidade da Coruña

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, organiza para os vindeiros 24 e 25 de marzo, as I Xornadas de Historia da Náutica, no campus de Esteiro en Ferrol.

Estas xornadas teñen como obxectivo concienciar á poboación da área da Coruña e Ferrol (Golfo Ártabro) da relevancia que ten o mar na súa historia, presente e futura. A Universidade Sénior da UDC organiza estas xornadas como reflexo da súa implicación nas inquedanzas da sociedade e como compromiso na formación daquelas persoas maiores que desexan ampliar os seus coñecementos e seguir a formar parte activa do corpo social.

É opinión estendida que a sociedade española en xeral, e a ferrolán en particular, viven de costas ao mar, a pesar da súa proximidade; nestas Xornadas, preténdese situalas fronte ao mar, para ter outra visión máis de preto de diferentes aspectos históricos da fonda relación da nosa terra co mar. Así, o programa das Xornadas permitirá aos participantes achegarse a contidos como “El Golfo Ártabro, teatralidad del mar y naturaleza salvaje”, “Naufragios desde el Golfo Ártabro a la Costa da Morte a lo largo de la Historia”, “Galicia y su proyección atlántica”, ou “El nacimiento del comercio en el noroeste de la península: fenicios, griegos y púnicos en busca de las Casitérides”; todos eles a cargo de prestixiosos profesores e investigadores, baixo a coordinación dos profesores Julio Louro e Santiago Carracedo, responsables das materias de Historia da Náutica na Universidade Sénior.

Estas I Xornadas da Historia da Náutica pretenden no só ser parte dunha actividade dentro do plan de estudos da Universidade Sénior dirixida a os seus alumnos/as, senón que pretende ser unha actividade de portas abertas que permita o achegamento do público en xeral, e así dar a coñecer a aprendizaxe que a Universidade da Coruña oferta as persoas maiores de 50 anos que desexen acceder a un novo tipo de formación axeitada as súas inquedanzas formativas e intereses culturais.

Lea también

‘Pingüin’ nova proposta de Afundación para escolares en Ferrol

El Auditorio de la Sede Afundación de Ferrol acoge la última propuesta escénica de la …