Tres novos clasificados do Triatlón Ferrol para o campionato galego de dúatlon

Juanchi González e Carlos Cándamo en Lugo – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol suma seis clasificados para o campionato galego de dúatlon despois de que en Riveira conseguisen praza Emma Romeo9ª absoluta e campioa junior-, David García12º e bronce veterano– e Yago Suárez18º e subcampión cadete-.

Por clubs, cos tempos dos dous mellores duatletas e puntuando como terceiro Juanchi González35º-, o equipo departamental foi cuarto só 19 segundos por detrás do último posto de podio.

Para o resto da expedición, o obxectivo era probarse na semana previa dos campionatos de España de Boiro. Así Marcos Caneiro –51º-, Carlos Cándano –53º-, Pablo Pedrosa –59º-, Alberto Caneiro –67º-, Iker Pita –72º e bronce junior-, Carlos Pedrosa –151º-, Iván Gómez –152º-, mentres que Jesús Rodríguez, cando roldaba o posto 90, viuse obrigado a abandonar na última carreira a pé.

O Dúatlon de Riveira terá lugar este domingo nun circuíto de 5 km de carreira a pé, 20 km de ciclismo e 2,5 km de carreira finais.

Lea también

A Deputación destina 553.000€ para financiar ata 80 entidades deportivas da provincia

A Deputación da Coruña vén de conceder un total de 80 axudas a diferentes entidades …