Aparcadoiros alternativos ó da praza de Armas

O Concello renuncia, segundo ten anunciado, a ofrecer plazas de aparcamento na Praza de Armas. En troques está a facer xestións para conquerir aparcadoiros no medio das edificacións frontais ás rúas
Rubalcava, Terra , Coruña e Sánchez Barcáiztegui.

Debería parecer suficiente “ ter ferrolanía dabondo “ para contrarrestar certa carencia de coñecementos urbanísticos. De feito, calquera cidadá, sen ter a específica formación universitaria urbanística, pode ve-los planos obrantes na correspondente oficina técnica municipal, dependentes do Plan Xeral de Ordenación e que teñen relación cos citados terreos previstos.

É de supor que tales parcelas teñen os seus propietarios que , loxicamente , tratarán de obter alguna contraprestación, ben sexa económica, urbanística, fiscal , pola cesión dos dereitos de propiedade,
dereitos que cederían a favor do Concello, senon por tempo indefinido si, a lo menos, por un dilatado número de anos.

Os responsables do Concello que fixeron as xestións, a lo menos a prensa non dixo nada, non teñen comunicado os seus resultados ou os acordos ós que teñan chegado, si é que hay algún. E é cousa que os
cidadáns deberíamos saber. Se non hai información é posible pensar que, de momento, non hai acordos.

Os ferroláns, os de ferrolanía dabondo, sabemos e coñecemos a estes propietarios, uns mais famosos e coñecidos que outros, pero sabemos os que son, como pensan, qué fixo ( o longo do tempo ) a súa
familia e – xa que logo – como será a súa reacción ante a proposta municipal.

Sabemos que o Concello ten poucos cartos, polo que por ese camino non hai percorrido. A cuestión urbanística tampouco vai de sobra porque, é ben sabido, o Plan Xeral marca condicións e, salvo manifesta prevaricación, non se poden establecer acordos “a la carta“ segundo conveña, sen modifica-lo citado Plan Xeral. A terceira solución, a do beneficio fiscal, ademáis de inconstitucional e chapuceiro, non daría suficientes vantaxes ós propietarios das parcelas.

Por outra banda, o propio Plan Xeral impide co seu planeamento a ocupación das parcelas na súa maior parte, porque ou ben están clasificadas como parcelas edificables para vivendas ou ben están
definidas como Zonas libres verdes o como dotacionais. Así que o Concello se daría licencia a si mesmo incumprindo os usos definidos.

Por último, e o mais importante sen dúbida, é que eses espacios agora valeiros de actividade social teñen sido, desde sempre, xardíns cos seus parterres, macizos, árbores, frores, etc. Agora, certo é, están temporalmente abandonados, pero o labor municipal é restituí-los espacios verdes, por beleza, por acción medioambiental, por historia, a súa inicial ocupación. Isto é, sinxelamente, etnografía.

Hai xa tempo que as decisión políticas e as sentencias xurídicas dan, sempre, absoluta prioridade a etnografía e á cultura, sobre o urbanismo.

Xa que logo, e analizado polo miudo, non son posibles os aparcadoiros alternativos suxeridos polo Alcalde .

Desde Ultramar.

Pedro Sanz-Director

Lea también

Editorial-Tras los asesinatos en Barbate…«¡Viva honrada la Guardia Civil!»

Este viernes, un día después de que un 8 de febrero de 1913, hace 111 …