O Racing de Ferrol pedirá a colaboración para o estudo da biopsia líquida no partido ante o Lealtad

Os capitánse recibiron as camisetas nun acto – Oncomet

Os xogadores do Racing de Ferrol sairán mañá ao campo no partido contra o Lealtad coas camisetas da campaña de micromecenado para o estudo da biopsia líquida posta en marcha por Oncomet. Ademáis, a campaña terá a súa visualización mañá no partido do Racing de Ferrol contra o Lealtad a través de voluntarios e das mensaxes que se difundirán por megafonía lembrando as distintas formas de colaborar coa campaña en prol da investigación oncolóxica.

Trátase dunha das moitas iniciativas que o fútbol galego está a desenvolver en apoio á campaña que xa conta con máis de 5.000 doantes e máis de 230.000 euros.

Así o RC Celta de Vigo, o RC Deportivo de A Coruña, o Racing Club de Ferrol, o CD Lugo, o CD Ourense, o Pontevedra CF e a SD Compostela informarán nas súas páxinas web e redes sociais da campaña de biopsia líquida e nos vindeiros partidos nos seus campos de xogo lucirán camisetas desta campaña de micromecenado. Neses mesmos partidos invitarán a participar na iniciativa aos seus siareiros con mensaxes e reparto de información. Tamén os futbolistas de cada un dos clubes amosarán o seu apoio á campaña a través das redes sociais.

No marco da iniciativa, representantes dos distintos clubes fixeron entrega ao director de Oncomet, Rafael López, dunha camiseta oficial de cada clube asinada por todos os membros de cada equipo, que será sorteada entre todos os doantes na campaña de micromecenado de Biopsia Liquida ao seu peche.

As doazóns, que contan con importantes vantaxes fiscais, pódense realizar a través da propia plataforma de micromecenado, www.oncomet.es, chamando ao 981 955 344, enviando SMS ou ben a través dun ingreso na conta corrente ES68 2080 0300 8730 4556 773.

Dende Oncomet, o director do grupo, o Dr. Rafael López agradece esta colaboración por parte do fútbol galego así como o enorme apoio cidadán que se está a recibir e que está a superar as expectativas previstas. “Se ben é certo que ata o gadora a cantidade acadada provén da suma de aportacións de particulares, colectivos sociais e pequenos negocios”, sinala. “Por ese motivo facemos un chamamento especial ás empresas e grandes organizacións galegas. Necesitamos da súa xenerosidade e da súa implicación na causa para acadar o noso obxectivo e conseguir situar a Galicia na vangarda da investigación oncolóxica.”

Lea también

El Tri Náutico Narón afronta las jornadas finales de la Liga Nacional de Clubs y la Liga Talento

El Tri Náutico Narón se desplaza a Soria para afrontar las jornadas finales de la Liga …