O Auditorio de Narón acollerá este domingo o “Festival Solidario para a Semente”

Cartel do evento – Concello de Narón

O Concello de Narón e a Escola de Ensino Galego Semente de Trasancos organizan o “Festival Solidario para a Semente” que terá lugar este domingo, día 12, no Auditorio municipal de Narón (Praza de Galicia s/n). A cita, que dará comezo ás 17.30 horas, programouse coa temática das Irmandades da Fala en Galicia e consistirá nunha gran variedade de actividades ás que irán dando paso tres recoñecidos personaxes: o cantautor fenés Roger de Flor; o grupo tradicional infantil Quenindiole e a narradora oral Vero Rilo. O prezo das entradas é de 8 euros, se ben os menores de oito anos poderán asistir de balde.

No transcurso desta convocatoria estrearase unha curta realizada polo colectivo Semente e sortearase unha pandeireta artesá entre os asistentes. A cita, que se convoca por segundo ano consecutivo, aposta unha vez máis cunha variada programación por impulsar a lingua e a cultura galegas entre os adultos pero, especialmente, entre as nenas e os nenos de menor idade.

Lea también

Ola ferrol …»oleada de Exposiciones»

  Carlos Barcón, pintor y periodista vocacional   PATRIMONIO PICTORICO de entidades.   Se sabe …