Camila Alonso defende título no Iberoamericano

Camila Alonso en competición – Triatlón Ferrol

A ferrolá Camila Alonso é a elixida pola Federación Española para representar á selección no Iberoamericano de tríatlon en distancia sprint que se disputa o sábado en Montevideo (Uruguai).

Despois de facerse coa vitoria no campionato de La Habana en 2016, a internacional do Triatlón Ferrol é a aposta máis firme para facerse co título nunha distancia explosiva na que é sempre perigosa.

En fronte terá rivais como a mexicana Adriana Barraza que teñen marcado o mesmo obxectivo que Alonso: clasificarse para os Xogos Olímpicos de Toquio 2020.

Agora mesmo, a triatleta de Ferrol ocupa o posto 137º do ranking mundial.

O campionato Iberoamericano que se celebra este sábado en Montevideo terá lugar sobre distancia sprint –750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé.

Lea también

XLIV Memorial internacional Juan Varela-XXVII Trofeo de natación Concello de Ferrol

El concejal de Deportes, Ricardo Aldrey, ha presentado este miércoles 25 el XLIV Memorial internacional …