A Plataforma pola Defensa dos Servizos Públicos demandan a Emafesa e piden a suspensión do pleno extraordinario

Integrantes da plataforma nas escaleiras do Concello – Adán Puentes

Na maña do venres a Plataforma pola Defensa dos Servizos Públicos e a Remunicipalización anunciaba nas escaleiras do Concello de Ferrol a denuncia na Fiscalía de Ferrol a Emafesa e ao anterior goberno municipal de José Manuel Rey Varela, como tamén solicitaron ao Concello de Ferrol a suspensión do pleno extraordinario do próximo martes.

Un dos portavoces da Plataforma comparecía ante os medios de comunicación afirmando que “esta denuncia é polo incumplimento da prestación dun servizo.” O portavoz recordaba que na visita que se realizou ao pouco de tomar posesión Jorge Suarez comprobouse que a depuradora non estaba funcionando: “O Concello anunciou que se iba a denunciar a parte privada polo incumprimento dunha obriga e iso non se fixo, polo que vimos a presentar nos unha denuncia na Fiscalía.

Ao mesmo tempo o portavoz da Plataforma anunciaba que vaise a presentar unha denuncia na Fiscalía Anticorrupción da Audiencia Nacional polo cobro da taxa, que é de 800.000 euros e manifestar que o Concello de Ferrol incumpriú a súa palabra en denunciar a parte privada e nos como cidadáns sentímonos na obriga de facelo.”

A Plataforma tamén anunciaba que “pedimos a suspensión do pleno no que se vai a tratar a taxa, como o próximo consello de administración de Emafasa, porque non se cumpre o artigo 133.1 da Lei de Procedemento Administrativo Común, que demanda unha participación da cidadanía e audiencia pública para tratar esta nova taxa, que se quere impoñer dunha maneira bastante polémica.

Sobre os gastos de Emafesa “non entendemos de onde saen estos seis millóns e fálase doutras cousas en procedementos contenciosos con Narón, que aparecen nos gastos de depuración.” Para a Plataforma “hai que facer unha auditoría da xestión da parte privada, ademáis de fiscalizar a parte privada”.

O portavoz da Plataforma afirmaba que “Socames e Urbaser non poden xestionar da depuración, visto os antecedentes e visto a denuncia que acabamos de presentar.

Lea también

Reunión entre el alcalde de Ferrol y las entidades vecinales afectadas por las obras de As Pías

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la reunión convocada …