Obradoiros de educación alimentaria en Fene

Instante do programa – Concello de Fene

O Concello de Fene, a través da Concellalía de Benestar Social e Igualdade, propón o programa «Obradorios de educación alimentaria» aos centros escolares.

As actividades que se incluen son as relacionadas con froitas e verduras, o grupo de alimentos “O menu do día”, almorzos saudables e hixiene alimentaria que se desenvolven ao longo de catro sesións.

Se ofertan ás ANPAS a realización de dúas sesións de alimentación saudable coa finalidade de formar e concienciar ás familias sobre a importancia de adoptar hábitos de alimentación saudables e fomentar a participación activa das familias. Os contidos das sesións xiran en relación a nutrición básica e alimentación saudable e etiquetado de alimentos.

A coordinación dos obradoiros é realizada pola pedagoga e técnica en prevención de drogodependencias Mª José Paz Rodríguez, e cada obradoiro está guiado por persoal especialista da empresa B6 Consultores.

Lea también

O tecido empresarial de Ares afonda na mellora do seu posicionamento dixital

A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, achegouse á Casa da Xuventude para inaugurar os módulos …