O novo estrago da praza de Armas

Juan J. Burgoa-TIRANDO A DAR

As prazas urbanas sempre foron un lugar de encontro para os cidadáns, sen distinción de procedencia, posición social ou ideoloxía, constituíndo, como espazos abertos e públicos, a esencia da urbe. A Ilustración creou en Ferrol dúas prazas principais no racional barrio da Madalena, as de Armas e Amboage, centros bipolares do espazo urbano, complementadas con outras prazas como lugares de paso e nexo de unión entre o centro e os barrios históricos. Estamos a falar das prazas do Callao, das Angustias e de Capitanía, lugares que hoxe perderon parte do seu encanto e características.

No que atinxe á Porta Nova, máis tarde praza de España, foi o lugar dos experimentos e ocorrencias que levaron a cabo as catro anteriores corporacións municipais, gastando unha morea de diñeiro público en estragar o que fora amplo lugar de entrada á cidade. A Praza Vella leva anos en estado ruinoso tras unha reforma desaxeitada. As praciñas de Sánchez de Aguilera e San Roque nunca tiveron unha merecente atención e a de Canido quedou deturpada pola colocación dunha morea de maceteiros e bolardos. Mentres tanto a praza da Constitución constitúe hoxe un frío marco cidadán para a montaxe de feiras e atraccións infantís.

Desta volta tócalle a quenda das reformas á praza de Armas. Preténdese levar a cabo, despois dun pouco exemplar concurso, un proxecto que leva o incoherente lema “Lugar de todas”, que non aporta nada e ademais esquece as opinións das asociacións de veciños e de comerciantes, que son os que viven e traballan no barrio da Magdalena. O resultado foi o que moitos cidadáns consideran unha chapuza: unha praza de acusada pendente, chan de terra areosa, árbores de folla caduca, ausencia de xardíns, carencia dun parque infantil para os nenos, e para rematalo proxecto unha escultura tan absurda como as que invaden as nosas rotondas.

Quizais non sexa o mellor momento para derrubar o fachendoso edificio apirulado do Concello, pero desde logo se tiña que respectar o necesario aparcamento subterráneo, deixando a entrada e saída do mesmo polas rúas da Terra e Rubalcava que arrodean a praza, e deste xeito poder facer peonil o correspondente tramo da rúa Real. O Concello debería botar antes unha ollada á praza de Amboage e facer algo semellante, pero sempre sen as atafegantes terrazas.

Lea también

Música en Compostela. LX edición

Julia Mª Dopico Vale. Una vez más acudimos a la celebración del prestigioso “Curso Universitario …

4 comentarios

  1. Luis María Taboada

    Coincido totalmente con lo que dices, Juan. Lo malo de todo es que parece que clamamos en el desierto.
    Creo que tenemos que hacer algo más, o nuestra ciudad no se recuperará.
    Un saludo.

  2. Hay un culpable de que no se hiciera el aparcamiento en la plaza de armas con entrada y salida por Tierra y Rubalcava. Hoy es Senado y del Pp

  3. Que dejen la plaza y el aparcamiento como están.que la arreglen para que no se caiga. Hay muchas otras cosas donde invertir el dinero de los ciudadanos de Ferrol. Recuperar el casco. Antiguo, hacer el mercado de Carranza, promocionar tatas cosas buenas que tenemos, como la semana santa nuestras maravillas playas, los castillos.en resumen cuidar mucho más nuestra ciudad y su entorno

  4. Juan: Insisto. Observando el paseo que circula entre la plaza de España y Fajardo aprecio que la mayoría de mis vecinos van al “centro” andando. Hay 1,25 km entre la plaza de Ultramar y la plaza de Armas. El tiempo del recorrido, lo he medido varias veces, está entre los 12 y los 15 minutos. Creo que esta nueva vía peatonal le ha dado una vida inesperada a los vecinos, comercios y bares de tapas/terrazas del Inferniño. Esto es lo que Ferrol necesita.

    La distancia entre la plaza de Armas y la plaza de España es de 450 metros. Es decir 5 minutos andando. En el Cantón hay un aparcamiento que está siempre medio vacío, o medio lleno, que está a 150 metros de la plaza de Armas, o sea 2,5 minutos.

    El aparcamiento de la plaza de Armas por el que clamas supongo que será privado, o sea de pagar. Pues créeme que los potenciales clientes de este aparcamiento van a ser los mismos que aparcan ahora en el Cantón o en la plaza de España y si optan por el, es porque está más “cerca”. ¿De qué?

    Creo que nos hemos olvidado de andar y pienso que tu el primero. Si queremos algo de peatonalización empecemos por peatonalizar el centro DEL CENTRO de Ferrol y esto es la Plaza de Armas.