Alumnado da actividade “O Recuncho dos pequechos” visitará o taller de construción de instrumentos do Padroado da Cultura

Coñece e constrúe o teu propio instrumento tradicional” é o nome dunha nova actividade impulsada desde o Padroado da Cultura de Narón e que se desenvolverá dende hoxe ata o día 31 deste mes. Alumnado da actividade “O Recuncho dos pequechos” (das Escolas Tradicionais do Padroado da Cultura e dirixida a nenas e nenos de 3 e 4 anos) participará nunha visita guiada ao taller de instrumentos tradicionais, localizado no Pazo da Cultura de Narón, e na que colaborarán Sonia Busto e Cristina Alonsodirectoras e monitoras do curso “O Recuncho dos Pequechos”– e Emilio Romeromestre artesán do obradoiro de Construción de instrumentos tradicionais-. Nun segundo apartado desta iniciativa, os nenos e nenas terán a oportunidade de crear o seu propio instrumento, que nesta ocasión serán unhas tradicionais “trécolas” galegas (instrumento realizado con madeira). Nesta proposta participarán corenta menores que se repartirán en catro grupos.

Desde esta tarde e ata o 24 deste mes os nenos e nenas decorarán o material das trécolas, axudados polas súas monitoras, de xeito que poderán ir coñecendo ao mesmo tempo as diferentes partes do citado instrumento musical e familiarizarse con el. En total pintarán doce táboas de madeira e os dous pomos que as compoñen, tal e como indicaron os responsables da actividade. Os participantes traballarán hoxe –de 16.30 a 18.00 horas-; o mércores 22 –dous grupos, un de 16.30 a 18.00 e outro de 18.00 a 19.30– e o xoves 23 –de 17.45 a 19.15-.

A semana seguinte, do 27 ao 31 de marzo, os menores desprazaranse ao taller para poder tocar e coñecer outros instrumentos musicais da tradición galega, cómo se fabrican e con qué materiais, para posteriormente rematar as trécolas cuxas pezas decoraron previamente coas monitoras. As visitas, que tamén se levarán a cabo en grupos, programáronse para o vindeiro luns 27 de marzo –de 16.30 a 18.00-, o mércores 29 –dous grupos, un de 16.30 a 18.00 e outro de 18.00 a 19.30– e, por último, o xoves 30 –de 17.45 a 19.15 horas-.

Lea también

Ares entrega os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares

Concello de Ares e CPI As Mirandas entregaron esta semana os premios do IV Concurso …