A cantautora Guadi Galego interpretará este sábado no Pazo temas do seu último disco «O mundo está parado»

Unha das cantautoras galegas máis recoñecidas a nivel nacional e internacional, Guadi Galego, estará este sábado, día 25, no Pazo da Cultura. Alí interpretará temas do seu último disco, O mundo está parado (2016), o seu terceiro álbume en solitario. O concerto dará comezo ás 20.00 horas e terá unha duración de algo máis dunha hora. As entradas para poder asistir están xa á venda na billeteira do Pazo, a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados.

Guadi Galego contou neste disco coa colaboración de músicos como Abe Rábade, Santi Cribeiro e Karlos Abal, entre outros, e o resultado do seu traballo foi un álbume con dez temas nos que a sensibilidade está presente a través das variadas letras. A propia cantautora galega é a autora de seis dos dez temas que compoñen este disco.

A traxectoria profesional de Guadi Galego estivo vencellada durante unha década ao grupo Berrogüetto (entre 1998 e 2008), donde foi gaiteira, pianista e vocalista. Finalizada esta etapa, a cantautora traballou con outras formacións musicais durante un breve período de tempo, xa que no ano 2009 inicia a súa carreira en solitario, que estivo pragada de éxitos e recoñecementos a nivel nacional e internacional. Entre os últimos, destacan o Premio da Crítica Galicia de Música e o Premio Bos e Xenerosos da Fundación Musical Eduardo Pondal (ambos concedidos no ano 2015). Benzón foi o seu primeiro álbume en solitario, ao que seguíu Lúas de outubro e agosto.

Lea también

Ares entrega os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares

Concello de Ares e CPI As Mirandas entregaron esta semana os premios do IV Concurso …