Alumnado do colexio Virxe do Mar visitou esta mañá o Concello de Narón

Instante da visita – Concello de Narón

Un grupo de vinte e dous nenas e nenos de educación Infantil do colexio Virxe do Mar visitou esta mañá o Concello de Narón acompañado por dúas mestras do centro. Os menores, de cinco anos, asistiron á proxección dun vídeo no que se mostraban algunhas das instalacións e edificios municipais máis coñecidos. Sobre as 10.30 horas foron recibidos no salón de plenos polo alcalde, José Manuel Blanco.

As nenas e nenos formularon algunhas preguntas, e tamén peticións, ao rexedor local, que respostou a todas cantas cuestións lle plantexaron. Esta actividade, impulsada a través do Servizo Sociocomunitario, continuará desenvolvéndose nos meses de abril e maio con escolares doutros centros educativos do municipio.

Como agasallo pola súa visita ao Concello, os menores recibiron un exemplar do libro “Os bolechas visitan Narón”.

Lea también

Cambio de sentido da circulación en Narón en tres rúas do barrio da Solaina

O edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, informou que a partir deste xoves 25, cambiará …