O 31 de marzo terá lugar a Asamblea Xeral da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol na que se elixirá Xunta Directiva

La AXF con Rozalén en As Pontes – AXF

O venres 31 de marzo, a Asociación de Persoas Xordas de Ferrol celebrará na súa sede, situada na R/ Rubalcava, nº65, entrechán, Ferrol, a Asamblea Xeral correspondente ao ano 2017, a primeira convocatoria será as 19:30 horas e a segunda as 20:00 horas, para a cal están convocadas todas as persoas socias da entidade.

Este ano, ademais haberá eleccións para elixir a Xunta Directiva, dita elección coincidirá coa celebración da Asamblea Xeral.

Tamén compre resaltar que a AXF, durante o ano 2017, ten previsto organizar diferentes actos, actividades… dirixidos a toda a poboación, enmarcados na celebración do seu 45 aniversario, tendo previsto finalizalos o 4 de novembro cun Show humorístico en lingua de signos, o visionado da curtametraxe “El Cuco” e unha cea de gala.

Nos próximos meses, a maiores das actividades do 45 aniversario, a AXF continuará ofrecendo diferentes charlas e actividades socioculturais dirixiadas ás persoas usuarias da asociación, na actualidade xa teñen fixadas as seguintes: charla sobre a Hixiene Bucodental, visita guiada a Protectora Mougá, charla sobre o coidado de animais domésticos. Tamén continuará con campañas de sensibilización para dar a coñecer a cultura xorda, a LSE, a figura profesional do intérprete… en colexios, asociacións, empresas…

Lea también

Gran brillantez en el acto de entrega de los premios «ártabros-2023-24» de Galicia Ártabra

En una brillante jornada, con “abarrote total” en la tarde del sábado, día 20 de abril …