A Feira do Queixo de Moeche contará co Tren do Queixo

Cartel do Tren do Queixo – Concello de Moeche

O Concello de Moeche coa colaboración de Renfe promociona o Tren do Queixo como alternativa para visitar a Feira do Queixo o vindeiro domingo 26 e ao tempo fomentar o uso deste medio. Con saída o domingo ás 11:45 horas de Ferrol, pasando por Narón e San Sadurniño, ao chegar a Moeche o Concello porá a disposición dos participantes un autobús que os levará ata a feira e logo os achegará as 13:50 e ás 17:15 ata o apeadoiro do tren.

Como unha oferta máis da xornada, o autobus realizará dúas sáidas, ás 12:30 e ás 16:00, ata o castelo de Moeche para visitas guiadas.

A Feira do Queixo contará coa visita da directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Sol María Vázquez Areal, convidada polo Concello, se achegará para coñecer esta actividade feiral de promoción da economía local e dun produto propio como é o queixo de Moeche e da comarca , ademais de procurar ser unha ampla mostra do queixo artesán e das innovacións nesta produción.

Lea también

Decomisados en Mugardos 167 kilos de vieira y los utensilios empleados para extraerlos ilegalmente

La Patrulla de Protección de la Naturaleza (Paprona) de la Guardia Civil en colaboración con …