Ti e máis Eu Teatro solicita un local digno o Concello de Ferrol

Ángeles Fernández na “oficina” do cuarto de baño – Adán Puentes

As integrantes da Asociación Cultural e Artística Ti e máis Eu Teatro están fartas polas condicións nas que teñen que desenvolver a súa actividade, e así o manifestaron na mañá do xoves, nun acto público que realizaron nas instalacións que lles cedeu o Concello de Ferrol no Centro Cívico de Caranza, contando co apoio dos concelleiros do BNG Iván Rivas e Eva Espiñeira.

A presidenta de Ti e máis Eu Teatro Ángeles Fernández comentaba a todos os presentes que dende o ano 2010 levan reclamando o Concello de Ferrol a concesión do local que se atopa no interior do Centro Cívico de Caranza e que no seu día pertenceu a desaparecida entidade do Liceo Rubia Barcia “e que non ten ninguna actividade dende fai moito tempo.”

O Concello de Ferrol atendía no 2012 unha parte das súas peticións ao concederlles un dos pequenos cuartos de baño que se atopan no lateral exterior do Centro Cívico de Caranza, que no seu día era un cuarto de baño do desaparecido campo de fútbol que está anexo a instalación. Este pequenísimo cuarto de baño é onde Ti e máis Eu Teatro teñen a súa “oficina”, sendo incluso moi difícil realizar as fotos deste artigo debido as súas reducidas dimensións.

Ti e máis Eu Teatro solicitan ao Concello de Ferrol poder ter unha sede decente para poder desenvolver a súa actividade, para poder ter unha oficina en condicións “aínda que teñamos que asumir nos os custes de internet”, sinalaban dende a entidade, “porque a día de hoxe a sede social é un domicilio particular e queremos ter un local para poder reunirnos e poder recibir a xente.” Outra das reclamacións da entidade e poder dispoñer dun equipo de son.

Las responsables de Ti e máis Eu Teatro recordaban que “Jorge Suárez coñece a situación e se comprometeu a cedernos o local do Liceo Rubia Barcia”, ao mesmo tempo que ensinaban todas as instancias que presentaron no Concello de Ferrol durante todos estes anos, “porque outras entidades solicitaron local despois que nos e estas xa o teñen”, se lamentan dende Ti e máis Eu Teatro.

Iván Rivas e Eva Espiñeira no “local” – Adán Puentes

Entre as dificultades que teñen para poder desenvolver a súa actividade se atopa que a escenografía que utilizan para as actuacións “a temos nun domicilio particular a 75 kilómetros, porque ao non ter un local temos que levar e traer as cousas tras cada actividade.”

Ti e máis Eu Teatro realiza dende fai varios anos a actividade “Domingos a escena” promovida polo Concello de Ferrol e “no contrato que temos co Concello sinala que eles nos teñen que facilitar todo o que precisemos para poder lévalo a cabo, e aquí estamos, nun cuarto de baño”, lamentan dende a entidade.

Ademáis de “Domingos a escena” Ti e máis Eu Teatro realiza outras actividades no Centro Cívico de Caranza, as cales moven unha gran cantidade de xente, como é un obradoiro para nenos, a promoción de actividades relacionadas co Camiño de Santiago, na que actualmente teñen una exposición na pranta baixa do propio Centro Cívico de Caranza, como tamén encárganse da organización do Festival Internacional EstéNaRúa, o cal terá a súa quinta edición do 1 ao 4 de xuño, pero que neste vindeiro mes de abril realizarán actos previos, como unha exposición xa aberta no Centro Cívico de Caranza, o Día do Libro infantil o 1 de abril, #Rosaliate (en lembranza a Rosalía de Castro) o 28 de abril –no Centro Cultural Torrente Ballester-, o Día do Libro o 1 de abril e o concerto de música infantil familiar “As Voces de Rockschool Ferrol” o 22 de abril, todas elas no Centro Cívico de Caranza.

Amplitude do cuarto de baño – Adán Puentes

Lea también

Os Modernos, The Kids Band, De Vacas e Natural Green actuarán no III Sons na Cortiña de San Sadurniño

A última fin de semana de agosto será intensa en San Sadurniño en canto a …