Concello de Narón e AFAL impulsan terapias para afectados de alzhéimer na cidade

Cartel da charla – AFAL Ferrolterra

As persoas afectadas de alzhéimer ou outro tipo de demencias poderán asistir en Narón a terapias para tentar retardar o avance da enfermidade e mellorar a súa calidade de vida e tamén das súas familias e coidadores. Así, AFAL Ferrolterra prevé organizar semanalmente talleres de estimulación cognitiva nos locais sociais do Alto do Castiñeiro e de Piñeiros, achegando as terapias aos enfermos e evitando os seus desprazamentos a Ferrol.

Un proxecto posible grazas á implicación da Concellería de Acción Social e Participación Cidadá do Concello de Narón. Precisamente, será a Administración local a que ceda gratuitamente os espazos nos que se desenvolverán as terapias, de modo que Narón se suma así a outros concellos como Ares, Cedeira, Pontedeume e Valdoviño, onde AFAL xa ofrece este tipo de terapias.

Para dar a coñecer o alzhéimer e tamén as terapias, AFAL ofrecerá dúas charlas informativas. A primeira, o vindeiro martes, 28 de marzo, no local social do Alto do Castiñeiro. E, a segunda, o 6 de abril no local social de Piñeiros. En ambos casos, darán comezo ás 20 horas, con entrada libre.

Nesta liña, Concello e AFAL animan á veciñanza a tomar parte nas mesmas e, a presidenta da asociación, Ana María López, agradece moi especialmente a colaboración da edil de Acción Social, Catalina García, nesta iniciativa.

Lea también

Alumnado do IES de Cedeira deseña un vehículo de inercia

Quince rapaces do IES Punta Candieira van participar na XI edición do reto “Hiperbaric Challenge”, un …