O Pazo da Cultura acollerá a vindeira semana unha conferencia sobre O Camiño Inglés

O xornalista e divulgador da Ruta Xacobea Cristóbal Ramírez e o historiador e arqueólogo do Concello de Narón Andrés Pena, participarán na conferencia sobre O Camiño Inglés: “Unha ollada ao pasado e ao futuro”. A cita, aberta á asistencia do público en xeral, será o vindeiro venres, 31 de marzo, a partir das 20.00 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura. A iniciativa enmárcase na campaña “Primavera no Camiño Inglés”, impulsada pola Deputación da Coruña en colaboración, neste caso, co Concello de Narón.

Entre os obxectivos destas conferencias, que se imparten tamén noutros concellos da zona, están os de promocionar e impulsar a afluencia de visitantes desta Ruta Xacobea que transcorre pola provincia da Coruña, tal e como recordaron desde a organización. A campaña consiste nun ciclo de conferencias divulgativas que se levarán a cabo en varias localidades sobre a historia e os numerosos atractivos desta ruta –culturais, naturais, etnográficos e arquitectónicos-.

O Concello de Narón colabora con esta proposta co fin de impulsar a promoción turística desta Ruta Xacobea, que discorre tamén en parte polo municipio.

Lea también

Clausurada en As pontes a 6ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento da Universidade Senior

A concelleira de Benestar Social de As Pontes, Tania Pardo participou na tarde deste mércores …