Bronce para o Triatlón Ferrol no Dúatlon de Arteixo cunha prata de Marcos Ruiz

Marcos Ruiz en el pódium – Triatlón Ferrol

O equipo do Triatlón Ferrol acadou o bronce no Dúatlon de Arteixo, coa espiña de ter quedado a só 23 segundos de ser campións despois de lamentar retiradas como a de David García.

Foi Marcos Ruiz quen liderou o equipo departamental, correndo en segundo lugar detrás do atleta Lolo Penas, colaborando no pelotón ciclista de cabeza e sabendo gardar as forzas para cando máis as necesitase. Porque o fenés agardou, como en Lugo, aos últimos 300 metros antes da meta para apurar un ataque ao que o seu perseguidor non puido responder e aí lograr a prata invidiual.

Tras del, Pablo Pedrosa -21º- e Marcos Caneiro -24º-, ademais de adxudicarse a praza directa para o campionato galego, marcaron uns tempos que situaron ao club de novo no podio.

Lea también

Jornada de iniciación al surf en la playa de Pantín, Valdoviño

Santiago de Pantín Surf School organiza una jornada de iniciación al surf el próximo sábado  …