Eliximos Narón pide a convocatoria da Comisión especial de seguimento da revisión do PXOM

Dende o 12 de maio de 2016, hai máis de 10 meses, non se celebrou ningunha reunión da comisión especial do PXOM, según manifiestan dende Eliximos Narón, «a pesar de que no pleno de 19 de xuño de 2015, no que se aprobou a creación da comisión, se fixaba unha periodicidade das xuntanzas de unha vez ao trimestre», afirman.

«Na comisión de maio de 2016 dixéronnos que nos farían entrega da documentación para o seu estudo no mes seguinte, algo que nunca se fixo, e de mes en mes poñen a desculpa de que están a traballar os técnicos nel e que no corto prazo serannos presentado o borrador. Tamén se puxo como data probable para a aprobación inicial do Plan o mes de xullo de 2017, data que é evidente que xa non se vai a cumprir«, manifestan dende Eliximos Narón.

A elaboración do novo Plan contratouse en abril de 2009 coa previsión de rematalo no 2012, «pero logo todo foron retrasos e desculpas polo que ata a Xunta tivo que retrasar as axudas e sitúan a aprobación definitiva para o ano 2020, algo que (logo do novo retraso que leva o proxecto) coincide coas previsións que nos deu a consultora que está a elaborar o novo Plan«.

Dende Eliximos entenden que Narón xa leva demasiado tempo sen un plan axeitado e que é necesario telo dispoñible o antes posible para que non sexa un inconveniente para o desenrolo do concello, polo que piden a convocatoria da comisión para intentar desencallar o proxecto.

Lea también

A Feira da Plantación de San Sadurniño bate a súa propia marca de participantes con 67 postos

A área de Desenvolvemento local acaba de publicar que serán 67 el número de postos  participantes …